Photos by javier loureiro. Venda de fotos e postais na Librería Miguens (Malpica)www.javierloureirophotography.com

Situada no extremo noroccidental da Peninsula Ibérica, a Costa da Morte é un lugar cun atractivo especial que xamais deixa indiferente ó viaxeiro, xa sexa polas súas praias ou polo impoñente océano que bate contra os seus escarpados acantilados, pasando polas pequenas vilas mariñeiras que resultan ó visitante tan acolledoras, e que son sorprendidas por este nas súas tarefas diarias, que xiran a redor da pesca e viven e cambian xunto co mar.
Comezando na vila de Malpica desde as Illas Sisargas, que miran silandeiras ó Océano Atlantico, e seguindo rumbo sur ata Fisterra, a Costa da Morte percorre numerosas vilas, entre elas Malpica, Ponteceso, Corme, Cabana, Laxe, Camelle,
Camariñas, Muxía e Fisterra.

O Concello de Cabana goza dunha enorme riqueza cultural, que ven representada en gran medida pola cantidade de vistixios megalíticos atopados na zona, e que son dun importante interese histórico.
Para a arqueoloxía galega a zona de Cabana de Bergantiños é un valioso tesouro digno de estudio do noso pasado,
xa que conta con diferentes puntos de referencia como poden ser o Dolmen de Dombate ou o Castro de Borneiro, así como diferentes mámoas polas parroquias do concello, monumentos todos ele que ofrecen ó visitante unha viaxe no tempo sen igual.

Dolmen de Dombate

Cidá de Borneiro

Miradoiro de aves

Senda do río Anllóns

Praias de Cabana

Visita virtual de Cabana

As Revoltas – Canduas

Cabana de Bergantiños (A Coruña)

Horario de Cocina:

13:00 h. a 16:00 h. y 21:00 h. a 23:30 h.

Terraza Chill Out: de 13:00 a 01:00

Vacaciones: Del 7 al 30 de enero.

Teléfono:

981 754 311

Mar de Ardora Restaurante – Gracias por su visita